CONSTANCIA, ESFORZO
ATENCIÓN INDIVIDUAL, progreso excepcionalsobre nós
centro de adestramento grupal e persoal
Seitura Adestramento Persoal é un centro de adestramento ubicado en Viveiro. O noso nome reflicte a nosa filosofía: constancia, esforzo e comunidade son os principios que vertebran este proxecto.
A Seitura, un traballo tradicional do agro galego, reflicte o noso propósito á perfección: recoller os frutos do traballo sementado con constancia ao largo do ano e facelo de modo colectivo, da man das nosas veciñas e veciños, o que fai dun momento de esforzo e traballo arduo, un espazo compartido e de desfrute. Dende as nosas raíces, xurde o compromiso de traballar xuntos, apoiándonos mutuamente en cada paso do camiño.
Cremos na práctica deportiva como unha fonte de benestar, non solo físico, senon tamén psicolóxico e social. O noso obxectivo é claro: queremos fomentar o exercizo físico e cultivar hábitos de vida saudables mediante o coidado diario, o esforzo e a dedicación.
SANTIAGO TIMIRAOS
Fundador de Seitura Adestramento Persoal
Graduado en Ciencias de la Actividad física y el Deporte, además de un Master en Alto Rendimiento.
Con Santi encontrarás un espacio de entrenamiento donde la precisión y la calidad se combinan con su sentido del humor y su carácter dinámico para hacer de tu experiencia de entrenamiento un espacio de trabajo y disfrute.
inicio
servizos
instalacións
contacto