adaptándonos a ti

Desafía os teus límites e supérate

servizos

centro de adestramento grupal e persoal

Adestramento en grupo

ADESTRAMENTO EN GRUPO:

  • Dirixido a persoas con obxectivos xerais, interesadas en realizar exercicio físico e con ganas de pasar un bo momento.
  • Grupo de 8 persoas con características similares.

Seitura Adestramento Persoal é un centro de adestramento ubicado en Viveiro. O noso nome reflicte a nosa filosofía: constancia, esforzo e comunidade son os principios que vertebran este proxecto.

A Seitura, un traballo tradicional do agro galego, reflicte o noso propósito á perfección: recoller os frutos do traballo sementado con constancia ao largo do ano e facelo de modo colectivo, da man das nosas veciñas e veciños, o que fai dun momento de esforzo e traballo arduo, un espazo compartido e de desfrute. Dende as nosas raíces, xurde o compromiso de traballar xuntos, apoiándonos mutuamente en cada paso do camiño.

Cremos na práctica deportiva como unha fonte de benestar, non solo físico, senon tamén psicolóxico e social. O noso obxectivo é claro: queremos fomentar o exercizo físico e cultivar hábitos de vida saudables mediante o coidado diario, o esforzo e a dedicación.

adestramento en grupo

Adestramento persoal

ADESTRAMENTO PERSOAL:

  • Dirixido a persoas con obxectivos específicos, patoloxías, etc.
  • Opción de adestramento en parella con obxectivos diferentes.

O adestramento personalizado está feito a medida para a túa condición física e os teus obxectivos específicos. É un enfoque detallado e minucioso que se adapta completamente a ti, considerando as tuas necesidades individuales, xa sexan metas específicas, preocupacións de saúde ou simplemente mellorar o teu benestar xeral.

Imaxina un adestrador adicado exclusivamente a ti, deseñando cada sesión de exercizos para maximizar os teus resultados e minimizar calquer risco de lesions. Este enfoque centrado no individuo non só garante unha maior eficacia nos teus adestramentos, senon que tamén bríndache unha atención exclusiva que te motiva a superarte día tras día.

Ademáis, o adestramento personalizado non é exclusivo para individuos. Tamén existe a opción de entrenar en parella, o que agrega un toque de compañerismo e apoio mutuo á experiencia. Incluso se teñen obxectivos diferentes, traballar xuntos no ximnasio pode ser unha fonte de motivación e rendemento.

O adestramento personalizado non só che axuda a acadar os teus obxectivos de peso, forza ou rehabilitación, senon que tamén empodérache coas ferramentas que precisas para manterte no camiño do benestar a largo prazo.

Adestramento personalizado

pilates

PILATES:

  • Dirixido a persoas co propósito de gañar flexibilidade e forza evitando impactos.
  • Grupos de 5 persoas máximo.

O Pilates é un exercizo que une o dinamismo e a forza muscular co control mental, a respiración e a relaxación. Nos nosos grupos reducidos de máximo 5 persoas, somerxeraste nunha experiencia onde a atención individualizada é a norma e o apoio é constante. Aquí, cada movemento é mais que unha acción física; é unha oportunidade para explorar o teu propio corpo, descubrir os teus límites e superalos con determinación.

Enfocámonos na precisión e o control, cultivando unha conciencia profunda de cada músculo e articulación. Cada exercizo está deseñado para fortalecer os músculos mais profundos, esos que a menudo pasan desapercibidos pero que son fundamentais para unha postura saudable e un movimiento fluido. A flexibilidade se converte nunha segunda natureza a medida que te somerxes na fluidez dos movementos, sentindo cómo o teu corpo vólvese mais áxil e resistente con cada sesión.

O mellor de todo, o Pilates é un refuxio seguro para aqueles que buscan rehabilitación ou simplemente unha forma xentil de exercitarse. Cun enfoque en evitar impactos, cada movemento é suave para as articulacións, permitindo que incluso aqueles con lesións atopen un camiño ata a forza e a vitalidade.

Pilates

Adestramento online

ADESTRAMENTO ONLINE:

  • Dirixido a persoas cun interese polos deportes de resistencia tales como carreira, triatlón, etc.
  • Asesoramento vía telemática e aplicación específica.

O adestramento online é unha opción ideal para aqueles apaixoados polos deportes de resistencia como a carreira e o triatlón.

Este enfoque ofrece a comodidade de recibir asesoramento a distancia a través de plataformas digitales para optimizar o rendimiento e a técnica.

Os usuarios poden acceder a programas personalizados adaptados aos seus obxectivos e niveles de experiencia, recibindo orientación e seguemento continuo.

Esta modalidade permite flexibilidad nos horarios de adestramento e potencia o desenvolvemento atlético dende calquera lugar con conexión a internet.

Adestramento online

inicio

sobre nos

instalacións

contacto

Ir o contido